lunes, mayo 18, 2009

Artículo enviado por Héctor M. Silveiro en el día de Las Letras Galegas.
  • "Marzos airosos, abriles chuviosos
    mayo otra vez…"
    Antonio Pereira
    ANTONIO PEREIRA NO MES DAS LETRAS …………………………………….………IN MEMORIAM
    Chega o maio outra vez, de sempre mes de flores, amores e letras. Vén o maio outra vez tal e como reclamaba Antonio Pereira, coa voz dun poeta de abril, coa voz de eterno adolescente que evocaba as coplas tan populares do noso maio nun dos seus fermosos poemas. Como a tradición, o pasado e a memoria son os que constrúen a historia, neste Día da Letras Galegas quixeramos acordarnos dun home, amante das tradiciois, de xeneroso carácter e memoria, á vez de humilde talante que se recoñecía hai anos nun mes de maio "mutilado"en certo modo ao anhelar poder usar esa lingua, tamén de xentes sinxelas, que soa de vello nas rúas da súa vila. Daba así, dun xeito sincero, a benvida a presenza do galego nas escolas do Bierzo unha garantía do futuro do porvir dunha fala popular e entrañable que forma parte da esencia do ser berciano e Antonio Pereira, na súa alma de poeta, sabía perfectamente que era ser berciano.
    Antonio Pereira deixounos neste mes de abril para xuntarse con Cunqueiro. Coincidimos coas declaraciois dun amigo e bo coñecedor dos dous literatos, o cantautor Amancio Prada. Cunqueiro e Pereira comparten un poético abril de mil primaveras, comparten tamén unha excelente xenialidade á hora de contar e, comparten, aínda que dun xeito ben distinto, o amor polo galego. Cunqueiro creou o seu mundo partindo dunha botica en Mondoñedo. [leer artículo completo]