viernes, noviembre 14, 2008

Colaboración de Xabier Lago Mestre

  • OS PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS NA REXIÓN BERCIANA,
    Por Xabier Lago Mestre, Pte. de Fala Ceibe do Bierzo.
    A convivencia interlingüística na rexión d´O Bierzo non sempre se analiza coa obxectividade que precisamos. Velaí a necesidade de analizar esta cuestión idiomática baixo distintos puntos de vista, de cara a termos máis datos que nos axuden a resolver esta problemática actual. A seguir veremos os que consideramos prexuízos lingüísticos, algúns tan asimilados socialmente aínda, para desmontar a súa débil argumentación.
    AS CUESTIÓIS HISTÓRICAS.
    Os que descoñecen o noso pasado histórico propagan que a lingua galega chegou a O Bierzo da man dos inmigrantes naturais da Galiza ao longo dos séculos. Dende logo que se asentaron moitos galegos nesta rexión, recordemos que por eiquí pasaron milleiros de emigrantes temporais que ían á sega de Castela e León. Outros viñeron a traballar nas obras públicas (encoros, centrais térmicas, estradas, ferrocarrís…), mineiría e demais durante o período do desenvolvemento capitalista da rexión no século XX.
    Sen embargo, a lingua galega n´O Bierzo pervive dende moito atrás. Grazas á documentación monástica sabemos que no Medievo xa falabamos este idioma. Nos mosteiros de Carracedo, Vilafranca e Espiñareda teñen abundante documentación en galego. Poderase discutir se ese idioma escrito é soamente galego ou está mesturado de ástur-leonés ou con castelanismos, pero o certo é que os historiadores e mailos filólogos o recoñecen como idioma galego...[+ en
    http://www.obierzoceibe.blogspot.com/]