jueves, junio 26, 2008

Historia moderna-

Xabier Lago nos envía una otra colaboración escrita sobre la historia de El Bierzo:
  • A CONFLITIVIDADE SOCIAL NO MARQUESADO DE VILAFRANCA.
    Por Xabier Lago Mestre, Pte. de Fala Ceibe do Bierzo.falaceibe@yahoo.es : Do marquesado de Vilafranca do Bierzo sabemos da forte problemática que tivo a súa creación, a fines do século XV, por mor da sucesión do condado de Lemos, e maila posterior partición deste dominio territorial en dúas partes, a galega e a berciana. Esta conflitividade señorial tivo como protagonistas ás casas de Lemos e Benavente, ademais dos Reis Católicos, xa no século XVI participou tamén nestas liortas a familia dos duques de Alba que dominaron o marquesado de Vilafranca. Pero hoxe non imos ver esta problemática señorial senón que analizaremos algúns fitos da chamada conflitividade social que tivo lugar no dito Marquesado berciano. Por desgracia aínda falta moito por estudar desta conflitividade social contra os señores. Isto é así porque as fontes históricas escritas que conservamos derivan dos poderosos (Coroa, señores laicos, monásticos e eclesiásticos), e non amosan interese por esta peculiar problemática social das clases populares. [+ en obierzoxa]