viernes, enero 19, 2007

OPINION Xabier Lago

Xabier Lago, de Falaceibe nos envía la siguiente colaboración:
O DIALECTO BERCIANO DE ANTONIO FERNÁNDEZ Y MORALES
Por Xabier Lago Mestre
En 1861 Antonio Fernández y Morales publicou "Ensayos poéticos en dialecto berciano" (reedición do Instituto de Estudos Bercianos, 2003). Libro que recolle diversos textos en lingua galega d´O Bierzo e que contén unha introducción do seu amigo Mariano Cubí i Soler, o cal lle animou a escribir a dita obra, baseada en parte en literatura oral da rexión. Da lectura conxunta, tanto desa dita introducción coma do prólogo do autor, poderemos comprender o pensamento compartido por estes dous compañeiros. Lembramos que a influencia deste libro ten sido grande. Así, o seu peculiar título serve de fundamento aos defensores da existencia do chamado dialecto berciano; casos de certo bercianismo político e cultural, e incluso para demandar la necesidad de "abordar la enseñanza escolar do ´subdialecto` berciano, así como normalizarlo (...)"(filólogo Manuel Gutiérrez Tunón, páx. 27). Pero a realidade é máis complexa. N´O Bierzo houbo e hai tres linguas en contacto (castelao, ástur-leonés e galego), e este plurilingüismo non pode reducirse a un sinxelo dialecto berciano, mediante a mestura histórica dos idiomSe comezamos pola introducción de Cubí i Soler comprobamos continuamente a xerarquía idiomática que fixa, lingua xeral, dialectos e subdialectos. O idioma xeral está representado pola lingua española. Na cal se debe realizar o ensino, "en hora buena que en todos los establecimientos de educación, la lengua enseñante i enseñada, sea el dialecto de Castilla, elevado hoi dia a idioma nacional (...)". Todo o demais son sinxelos dialectos que deben ser só obxecto de peculiar respecto, "pero que no se desprecien por esto los demas dialectos (...)". Queda claro que o réxime xurídico dos idiomas do Estado está xerarquizado e será discriminatorio respecto ao recoñecemento de oficialidad co resto de "dialectos" minorizados.

No caso do noso idioma galego, Cubí i Soler salienta o forte dialectismo, "así las particularidades que separan el Berciano de los dialectos i subdialectos gallegos hermanos suyos (...)". Todo o contrario do que representa a unidade do idioma nacional, do Estado. Ademais está claro que este último se diferencia claramente do resto de "dialectos" por razois de funcionalidade, "la lengua jeneral se ha cultivado mas, se ha enriquecido i engrandecido mas, se ha elevado, se ha hecho mas a propósito para la filosofía, para la poesía, para todo lo vasto, lo abstracto, lo explicativo en artes i ciencias (...)". Pola outra banda, o resto de linguas minorizadas serven para outras tarefas inferiores, "pero los dialectos siempre son mas a propósito para lo genuino, lo cándido, lo simple, lo sencillo, lo inocente, para cuanto concierna en suma a la vida i costumbres primitivas de un pueblo (...)". Este paternalismo idiomático no fundo agocha unha fachendosa ideoloxía diglósica: cada lingua ten as súas funciois naturais ben xerarquizadiñas.

O propio Fernádez y Morales comparte esta diglosia lingüística cando comenta "verdad que hoy aparecería ridículo hablar desde la academia, ó de la cátedra, y hasta en la familiar conversación entre las gentes de la clase media el lenguaje de los dialectos (...)". Este autor ten moi clara a relación idiomática entre o berciano e mailo galego, "si bien el berciano es un subdialecto gallego, se castellaniza á medida que los pueblos del país de que me ocupo se van acercando á Castilla, ó se galleguiza completamente según que sus opuestos confines van tocando los de Galicia (...)". A seguir comenta que procura as esencias do berciano, "con el fin de evitar las dos opuestas influencias castellana y gallega, y de presentar el berciano en su mas aislada individualidad, ó lo mas puro y castizo posible (...)"; razón pola cal elixe, como obxecto do seu traballo, "el lenguaje que se habla en el centro del Bierzo bajo, ó sea el que se halla encerrado dentro de los límites de su valle (...)". Interesante tamén resulta a súa visión da diferencia entre uso e coñecemento xeneralizado do galego entre a poboación da rexión, "si bien el dialecto berciano es de uso común solamente entre las masas, no por eso es desconocido ni desdeñado por las personas que forman la clase distinguida de la sociedad del Bierzo, por mas que en sus relaciones y trato entre si se sirvan exclusivamente del idioma castellano (...)".

Os estudos filolóxicos actuais permítennos ter un coñecemento máis axeitado sobre a situación dos idiomas d´O Bierzo. Así, polo que toca ao galego-berciano, sabemos que o seu dialectismo se manifesta nas variedades das falas do occidente/oriente ou do sur/norte (onde destaca o ancarés). Variedades dialectais que son froito da influencia doutras linguas veciñas, ástur-leonés e castelao, e da nosa peculiar orografía rexional (vales montañosos parcialmente illados). Pequenas diferencias dialectais do galego-berciano que se manifestan no léxico, a fonética ou a morfosintaxe. A verdade é que o galego-berciano non ten especificidade suficiente para denominalo dialecto, por iso xorde integrado na unidade que forma o chamado "bloque dialectal oriental" do idioma galego do noroeste peninsular, compartindo características comuis co que se fala nas comarcas veciñas de Navia-Eo, Valdeorras, O Bolo, A Mezquita e mailas Portelas da Seabra. O importante non é salientar estas diferencias dialectais entre territorios que compartimos a mesma lingua galega dende a Idade Media, senón normalizar o uso público deste idioma en todos os eidos (ensino, administraciois oficiais, medios de comunicación, novas tecnoloxías, etc). E para acadar este obxectivo esencial precisamos dunha norma idiomática (normativar) que nos permita aos falantes galegos, vivamos en Tui, A Coruña, Ourense ou Ponferrada, a comunicación plena ao longo deste século XXI, e teña capacidade de adaptación continuada ás modernas tecnoloxías informáticas. Idioma galego que non debe estragar nunca a consecución da unión cultural coa comunidade portuguesa-brasileira.
Ponferrada, xaneiro 2007. http://obierzoceibe.blogspot