martes, junio 02, 2009

Intercambios culturales "Martín Sarmiento"

Este año la propuesta de la Comisión Cultural Martín Sarmiento es la elaboración de un proyecto virtual titulado “NO CAMÍN DE SARMIENTO DE MARÍN AO BIERZO”, un proyecto que consiste en una serie de trabajos a desenvolver entre alumn@s de Villafranca y de Marín. Los cursos que inicialmente colaborarían son de 4º de la ESO y se podrán ver blog omegodaescola


  • Este ano e a proposta da mesma Comisión Cultural Martín Sarmiento estamos traballando na elaboración dun proxecto virtual titulado "NO CAMÍN DE SARMIENTO DE MARÍN AO BIERZO", un proxecto que consiste nunha serie de traballos a desenvolver entre alumn@s de Vilafranca e de Marín nos que se van tocando diversos aspectos da historia da lingua galega. Os equipos de traballo xa elaboraron os primeiros borradores a raíz do contacto inicial que tivemos no mes de xaneiro, momento en que se lle comunicou inicialmente o proxecto de xeito informal, nunha conversa que tivemos no propios centros. Agora que vai ser xa o momento de comezar a colgar na rede o froito do traballo tendo presente a importancia do traballo coas TIC que tamén se vén impulsando recentemente dende o mundo educativo. Os cursos que inicialmente colaborarían son de 4º da ESO coordinados polos seus profesores de galego que son os que deseñan e supervisan todo o que posteriormente se vai colocar no Blog omegodaescola
    Esperamos que a súa posta en marcha repercuta no enriquecemento que supón para os seus participantes. Trátase dunha experiencia que está ilusionando enormemente aos rapaces, positiva para os estudos que de xeito voluntario escolleron e para o seu desenvolvemento persoal, ademais de ser unha experiencia colectiva innovadora.
  • Os INTERCAMBIOS ESCOLARES "MARTÍN SARMIENTO" impulsados dende a Comisión Cultural Martín Sarmiento de Vilafranca do Bierzo dende hai xa cinco anos intentan de xeitos diversos e en estreita colaboración co profesorado desenvolver diversos aspectos do denominado convenio de introdución do galego nos centros educativos do Bierzo, que como xa sabe inclúe a elaboración e o traballo conxunto no que se contemplan intercambios e outros tipos de colaboracións entre distintos centros. +INFO omegodaescola