Nota de prensa de la comisión Martín Sarmiento.
Héctor Silverio nos remite la siguiente noticia sobre la participación en este importante proyecto de la Comisión Cultural Martín Sarmiento ya que después de los actos organizados para la Candidatura a la Unesco del Patrimonio Inmaterial, Ahora toca catalogar en un inventario y ponerse a actuar con medidas de apoyo y demás actuaciones.
"O Bierzo estará representado no gran Proxecto de salvagarda e posta en valor do patrimonio inmaterial denominado Ronsel.A Xunta de Galicia a través das Consellerías de Cultura e Deporte e Innovación e Industria e a Axencia Galega de Desenvolvemento do Rural (Adader) en colaboración coas tres universidades galegas puxeron en marcha este ambicioso proxecto de recuperación do patrimonio inmaterial que contará cunha inversión inicial de 255.000 euros para desenvolvelo nun prazo de cinco anos.
Dende a propia lingua, manifestacións festivas como o Entroido, as danzas, a música, os cantos, os oficios, ata os saberes relacionados coas labores agrarias e gandeiras, coa pesca, a vestimenta, as lendas, os xeitos de vida... son elementos dun universo cultural oral transmitido de xeración en xeración e que semella que está a esvaecerse xunto co contexto rural no que se xerou.Para este traballo de catalogación cóntase, como non podía ser doutro xeito, cunha representación berciana na persoa de Héctor Silveiro Fernández, como membro da Comisión Cultural Martín Sarmiento e da Asociación Escola de Gaitas, asociacións que organizaron no seu día un acto de apoio á Candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués á Unesco en Vilafranca do Bierzo (17 setembro de 2005)."